jueves, 30 de julio de 2009

Fantasía...

...un reino en perigo; un herdeiro descoñecido que medrou nunha granxa, axeno a todos os problemas do reino, preocupado só polas colleitas e por un amor cego á súa familia; unha guerra crecente cunha raza humanoide inferior procedente do frío e volcánico norte; un mago ambicioso e cruel que aspira a dominar o reino de Ehb; un mago sabio que apoia ao benévolo rei actual; un pretencioso e desagradable sobriño real que desexa o trono; venenos, traicións, ataques a pequenas aldeas, guerra aberta, ninfas que baixan dos árbores dun bosque misterioso, maxia, bruxería... todo o que se agarda nunha historia de fantasía e ficción, todolos tópicos reunidos nunha cinta de ¿baixo presuposto? quen sabe.

Os astros confabuláronse para que chegase ás miñas maos, tempo fai que se atopaba no meu disco duro, fruto dalgunha desas búsquedas de arquivos baixables dende internet, unha lesión oportuna puxo nas miñas maos todo o tempo do mundo, sóbrame para xogar ao WoW e ver algunha cinta de autor... "In the Name of the King"? "A Dungeon Siege Tale?", sonaba ben, relacionado cun vello xogo de ordenador, rol e fantasía clásica...

Grande foi a miña sorpresa cando comecei a ver actores coñecidos... coño, este é coñecido! ...e mira quen anda por aquí! ...quen era este tipo? ...joer, parece Burt Reynolds! ...ostias Gimli!

Pois si, un "grande" elenco de actores xúntase nesta produción para a miña sorpresa, si, era Burt Reynolds, e Ray Liota, e Jason Statham, e Ron Perlman, e John Rhys-Davis e algunha que outra cara algo coñecida que eu, pouco cinéfilo, non coñezo. Esto non podía ser, tiña que haber algún erro, tempo atrás eu o descargara coma unha produción curiosa e barata, descoñecida para o mundo, pero, xusto ao rematar a peli, apareceu ben en grande o nome do "cerebro" deste proxecto:

Uwe Boll, amigo deste Blog.




Valoración: Só para freakis aburridos.

2 comentarios:

Planta dijo...

Debo de estar mal, porque he visto el trailer y hasta he pensado "jo, pues a lo mejor no está tan mal", pero siendo del amigo Uwe... casi seguro que lo contrario.

EL OBISPO dijo...

Tengo un poster de esta peli justito delante de mi casa(en un videoclub ¡si! sigue habiendo videoclubs y estás son las pelis que hay.