martes, 9 de junio de 2009

A Singularidade


Coñécese como Singularidade Gravitatoria ao punto, dentro dun burato negro, onde as leis físicas deixan de ser aplicables. Chegados a un punto moi cercano ao centro do burato, punto coñecido como horizonte de sucesos, resúltanos imposible obter información do que ocorre alí dentro, xa que a propia luz é incapaz de fuxir da inmensa atracción gravitatoria do burato. Pero non é destas singularidades das que quero falar...

Tamén se coñece como singularidade ao punto onde unha función faise infinita, pero de novo non desexo falarvos de singularidades matemáticas, teoremas, demostracións, álxebras estrañas...

O que quero falar é da Singularidade Tecnolóxica, que un recente artigo dese grande xornal que todos (TODOS) apreciamos chamado El País, tivo a ben recordarme. Non desexo espallarme nun sinfín de comentarios técnicos ou nunha interminable mención de xente como John Von Neumann, Alan Turing, Vernon Vinge, etc... quedareime con dous nomes importantes: Moore e Kurzweil.


Pero ¿de que estamos a falar? Estamos a falar de Intelixencia Artificial, dun desenrolo tal que as máquinas sexan máis intelixentes que o home, que sexan elas as encargadas de diseñarse a si mesmas e elas as que fagan avanzar á ciencia... e como algúns autores suxiren, do fin da humanidade... estamos a falar de Futuro, e non dun futuro moi lonxano, non do futuro que verán os fillos dos nosos fillos, senón un futuro que nós mesmos chegaremos a albiscar.

Todo comezou alá polos anos 50 e 60, co desenrolo dos primeiros microprocesadores, e coa coñecida lei formulada por Gordon Moore, cofundador de Intel, na que apuntaba que a capacidade dos novos equipos duplicábase cada 18 meses aproximadamente. Os anos pasaron, apareceron barreiras aparentemente insalvables no desenrolo, xurdiron novas tecnoloxías, e a lei de Moore continúa cumpríndose. El mesmo afirma que, tal vez, en 10 ou 15 anos deixe de ser válida, debido ao límite na reducción do tamaño dos compoñentes e aos problemas de disipación de calor, pero outras tecnoloxías apuntan que poden ser a solución (redes neuronais, procesadores cuánticos, etc).



As veces non somos conscientes de todos os cambios que vivimos, ten que vir Coca Cola cos seus anuncios para que nos plantexemos como cambiou a informática e as telecomunicacións dende que eramos rapaces ata agora ¿que foi dos ordenadores spectrum e as cintas de audio para almacenar programas? ¿o teléfono fixo? ¿os urxentes telégrafos? ¿as dúas canles de televisión? ¿e a domótica? xa podemos controlar moitos procesos das nosas casas a distancia ou mediante programación e sensores. ¿os cables, que está sendo dos cables? Fai uns anos apareceu a Wii co seu ultramoderno sistema de control, agora aparecen nas feiras de videoxogos controis que deixan á Wii nun mero prototipo similar á machada de pedra comparada coas máis modernas e ergonómicas.





¿e que está a ocorrer coa intelixencia artificial? Ate fai pouco, os ordenadores non podían competir co inxeño humán, agora Kasparov xa sabe que non debe voltar a enfrontarse cunha nova máquina, os procesos de deseño electrónico serían imposibles sen simuladores e software específico, a producción industrial tamén se atopa altamente automatizada e robotizada. E aquí aparecen figuras como Vinge ou Raymond Kurzweil, que predín que, en breve, 2030 ou 2040 crearemos unha computadora "intelixente" capaz de deseñar unha nova computadora de xeito mellor ou superior ao que sería capaz un ser humán... e claro, a nova computadora sería capaz de deseñar unha mellor que a anterior... e así sucesivamente. Estamos a falar da Singularidade, onde o ser humán xa non é o causante do desernolo, as máquinas toman o control do mesmo, produciríanse avances científico-tecnolóxicos que quedarían rápidamente fóra da nosa capacidade de comprensión.




Within thirty years, we will have the technological means to create superhuman intelligence. Shortly after, the human era will be ended [Vernor Vinge]



Existen varios resultados preditos para a humanidade unha vez superemos o horizonte de sucesos da Singularidade Tecnolóxica, entre eles o final brusco da humanidade ao estilo Terminator, ou un final diferente, sendo relegados a sermos unha raza inferior, igual que insectos ou ratos, que conviven en inferioridade na sociedade das máquinas. Tamén temos o futuro predito por Raymond Kurzweil. Ray Kurzweil é coñecido como CyberNostradamus por ter predito numerosos avances científicos, é tecnólogo e futurólogo de recoñecido renome. Para comezar cree cegamente na Singularidade, e cree que esta non rematará coa humanidade senón que levará a interfaces cibernéticas e combinará a xenética coa nanorobótica para crear un ser transhumano, superior, que vencerá en primeiro lugar ás enfermidades, despois ao envellecemento, e por último faráse inmortal. E está tan convencido de que chegará a vela que comezou un réxime específico, reducindo a inxesta de azúcares, comendo só productos de procedencia orgánica, e tomando 150 píldoras de complementos diarias. Faise analíticas constantemente e, dende que comezou coa súa "locura" os resultados son máis que satisfactorios, resultando nun retardo do envellecemento duns 10 anos. Ademais, por se acaso, mercou unha praza no crioxenizador ALCOR.

A ficción xa retratou estes escenarios, unha das posibilidades da Singularidade é que as redes de computadores tomen conciencia de si mesmas, algo xa retratado por Arthur C. Clarke nun breve relato chamado Marque F de Frankenstein, relato moi curto, escrito a principios dos anos 70, cando internet estábase xestando no ámbito militar, que vos levará menos tempo leelo que ver algún deses vídeos que poñedes no Blog. Seguro que todos pensáchedes en Terminator, Blade Runner, IA, Gattaca... A onde chegaremos non se sabe, pódese intuír, pero o que está claro é que veremos e viviremos cousas que non nos imaxinamos aínda, que cada vez a tecnoloxía e a ciencia van máis rápido e que as máquinas xa están aquí, o único que precisan é enerxía, e nós, coma pequenos servos aplicados, andamos argallando as formas de conseguir enerxía barata e inesgotable.

Máis información en: SINGULARIDAD TECNOLÓGICA Y TRANSHUMANISMO: CUANDO LA CIENCIA SE ENCUENTRE CON LA FICCIÓN Por Federico G. Witt, e unha entrevista de Punset en Redes con Ray Kurzweil (media hora).

7 comentarios:

moco dijo...

Qué chulo el post. Como molaría vivir hasta entonces para poder verlo.

EL OBISPO dijo...

Según mi propia experiencia nunca moriré. Hasta ahora no he muerto y nada me hace pensar que yo vaya a ser como el resto de vosotros. Yo creo que nunca moriré y veré todo esto.

Sin embargo, el invento más esperado es "la caja" ¿os acordáis de la "caja"? ese fabulos artilugio que todo lo podrá y cambiará la escala de valores de la sociedad. No recuerdo si fue via email o via post, pero creo que por ahi andaba.

Planta dijo...

Buenisimo! Una gran lectura. Espero ver el día en que esto suceda, sería una pena morir sin trabar amistad con un robot que lance rayos láseres por los ojos.

Tendré que borrar los azucares de mi dieta.

pantumacadamus dijo...

Bueno, si yo fuese un robot emplearía masivamente la energía nuclear, porque estaría controlada por robots y no habría fallos de suministro y no tendría que preocuparme de los residuos generados porque me afectarían.

No me preocuparía de las especies porque no formarían parte de mi cadena trófica.

No me preocuparía de la longevidad de mi planeta porque podría vagar durante los años luz que fuese necesario hasta encontrar otro planeta que agotar. Incluso podría sobrevivir sin pisar planeta alguno.

No me entendería con los humanos porque ni compartiría idioma ( múltiples idiomas y tan poco específicos no son útiles para un robot como yo ) ni compartiría objetivos.
Ni siquiera me serviría como alimento ...quien quiere comer carne pudiendo alimentarse de una pila nuclear.

santumaca dijo...

Como seguramente estos robots, serán creados a nuestra imágen y semejanza, serán dependientes de nuestro hábitat, necesitarán interrelacionarse con el resto de seres vivos, sus carcasas y circuitos estarán adaptadas a una atmósfera con un contenido determinado de oxígeno y otros componentes.

Por ello ayudarán a conservar nuestro mundo, ese que tan rápido estamos destruyendo nosotros.
Nos ayudarán a mejorar y evolucionaremos juntos, posiblemente convirtiéndonos en una nueva criatura, posiblemente será el paso evolutivo más grande dado nunca por ninguna especie conocida, y aunque cambiará nuestra visión de la vida y nuestra moralidad nos hará mejores de lo que ahora somos.

pantumaca dijo...

Un gran tema, que propicia grandes pajas mentales pero de final incierto y seguramente sorprendente.

Lo que es seguro, es que la evolución de las máquinas implica cambios en nuestra especie más grandes cuanto mayor es la evolución de nuestros 'cacharros'.

Supongo que llegará un momento en que las máquinas evolucionarán mucho más rápido de lo que nosotros seamos capaces de asimilar ...que pasará entonces?

3872 Orcos dijo...

A ese momento preciso é ao que se lle chama Singularidade. Cando as máquinas sexan capaces de diseñarse mellor e máis rápido do que nós seríamos. Tamén a IA permitiralles aprender, co cal os límites de deseño poderían "ser saltados" e, sen dúbida, convertirse na especie dominante.

Como ben di o Pantumacabot, non precisarían coidar o planeta do mesmo xeito que nós así que, ou nos teñen como un curioso fenómeno natural (zoolóxicos humáns) ou somos capaces de integrarnos suficientemente con elas para que non sexamos inútiles e desechables (humáns completamente cibernéticos, con múltiples memorias e procesadores qeu potencien as nosas capacidades... alá se van as olimpiadas).

Pero o que está claro é que cambiarán a nosa forma de vida... se xa a cambiaron en 50 anos, imaxinade cando se desenrole e se combine con outras especialidades (xenética, medicina, química...).

Pero o máis importante de todo é que non vai pasar nun futuro moi distante, senón que, con sorte, poderemos chegar a ver o principio dese cambio.