viernes, 27 de marzo de 2009

Noso amigo Lorenzo

Agardo que o título non vos leve a malentendidos, esta entrada versa sobre o astro que nos ilumina, nos quenta e permite a vida tal e como a coñecemos.



E noso amigo Lorenzo ten unhas curiosas manchas que recorren o seu corpo, de xeito simétrico, e visibles a simple vista. Fai xa máis de 2000 anos os chinos xa observaban as manchas solares, pequenos puntos oscuros na superficie do sol (¡non miredes ao sol directamente!). Debido a facilidade de seguimento destas peculiaridades solares, foron observadas e contadas polos astrónomos ao longo da historia. Agora sabemos que son fenómenos magnéticos debido á rotación do sol, que, sendo gaseoso, compórtase de diferente xeito que a Terra.
.

A cantidade de manchas solares varía irregularmente ao longo dos ciclos solares, períodos entre os cales o campo magnético solar invirte os seus polos (duran uns 11 anos). No 2008 deuse por finalizado o ciclo 23 e comezou o 24. O habitual é que as manchas solares incrementense rápidamente e logo decrementen de xeito máis lento.


O extraordinario é que últimamente estamos a ver o Sol completamente libre de manchas, fenómeno bastante inusual pero non descoñecido. O caso máis extraordinario de ausencia de manchas solares coñécese como "Mínimo de Maunder", aconteceu entre 1660 e 1740 aproximadamente, extendéndose esa "limpeza" durante varios ciclos solares.


Ata aquí o que desexaba contarvos, non pasa dunha simple anécdota científica, que, como case sempre que nos achegamos á Astronomía, ofrécenos imaxes espectaculares. Pero, neste Blog tan comprometido, debemos profundizar algo máis...
Ocorre que o número de manchas solares están en relación directa coa radiación emitida, e, esta radiación, en relación coa temperatura media do planeta... ¡si amigos! ¡chegamos de novo ao cambio climático! ¡ao quencemento global! ¡as temidas causas NATURAIS da subida de temperatura!... pero... ¡coño! ¡se non hai manchas! ¿non debería baixar? Resulta que o mínimo de Maunder coincidiu coa famosa Pequena Idade de Xeo da Idade Media, un período de temperaturas bastante baixas (helouse o Támesis en Londres).



Como gosto de imbuirme no mundo negacionista para buscar os meus datos, non quero que se me acuse de empregar datos tomados de páxinas afíns ao cambio climático, atopei un blog amigo, dun estudante de física de Oviedo, están por todas partes estos físicos... como diría o Obispo: Campos de Exterminio: solución final. Como non, este blogueiro leu algo por ahí e, non só nega as causas antropolóxicas do Cambio Climático, culpando básicamente ao Sol, senón que nun momento dado do texto nega completamente dito Cambio. Non puiden evitar comentalo, pero non me sinto con forzas de replicarlle unha e outra vez... polo menos non mentres o Cambio Climático permita a existencia do Wow.

9 comentarios:

Planta en un tiesto dijo...

Texto interesante sobre un tema que desconocía (aunque algo había oído por encima en el telediario, ergo simplificado hasta el absurdo). Pues sin duda tiene algo de relación con estos fenómenos climáticos tan comentados en el blog ultimamente. Me rindo ante las opiniones del sector de ciencias del blog.

El titulo es lo mejor que se ha escrito en este blog desde lo del hitler de las vacas (muy reciente en el recuerdo).

Anónimo dijo...

Entono una cancioncilla que acabo de componer(ejem,ejem-me aclaro mi voz angelical)

Castillos en el aire....

naipes en el suelo....
opiniones cuestionables....

rendiros todos al miedo.

(luego digo Matar a Flanders 10veces y repito la estrofa una y otra vez)

obi dijo...

tu amigo blogero-fisico ha respondido ante el requermiento de decir de donde saca que la temperatura no ha aumentado

3872 Orcos dijo...

agora, supoño que cando chegue a segundo, terá que aprender a ler as gráficas... ou iso ou a non manipular os datos.

Obispo dijo...

Siempre descalificando...siempre descalificando.....

pantumaca dijo...

Yo no me he leido todo el post pq tenia muchas letras y pocas fotos, ya vere la pelicula.
Estan locos estos fisicos. A la hoguera con ellos!!!!

3872 orcos dijo...

ao final tivemos uqe contestarlle, deixalo pasar era demasiado

Obispo dijo...

Excelentes orcos condescendientes.... menudos son ellos para no tener la razón.

paiaso de asalto dijo...

Por último, y ahora que ya vi el episodio de la Terminator, frase de Wis_Alien en el Blog: " Estuve viendo la Keynote de Apple y es espectacular con todo lo que han añadido. Lo malo es que sale en verano..."

Apple,apple,apple,apple,apple...