sábado, 29 de marzo de 2008

TI3 Guías: Federation of Sol

Os humanos representan a raza máis estendida e diversa da galaxia. Poden ser atopados en todos os sistemas como colonos, exploradores, mercenarios, científicos, traficantes, diplomáticos... Moitos destes humanos non senten ningún tipo de fidelidade ou patriotismo cara a Federación de Sol e á súa política; outros, sen embargo, permanecen leais á Federación e mobilizaranse en caso de necesidade.
.
.
.
Habilidades especiais de raza: A súa diversidade e dispersión por toda a galaxia reflíctese nas dúas habilidades especiais:
1. Como unha ACCIÓN, pódese gastar un marcador de comando do sector de estratexia para colocar dúas forzas de terra en calquera planeta controlado pola Federación.
2. Durante a fase de estatus, recibe un contador de comando extra.
.
Vantaxes e desvantaxes: A Federación de Sol é unha das civilizacións máis compensadas ao comezar, non ten ningunha desvantaxe clara, salvo que a súa flota é un pouco feble. Ao seu favor vai ter unha rápida expansión, porque ten dous transportes e cinco tropas de terra. O seu planeta natal, Jord, é bastante bo, e os seus tratados comerciais tamén, polo que poden ser empregados para recibir un bo acordo ou para protexerse dos veciños máis poderosos.
.
Estratexias: A súa versatilidade permite multitude de estratexias, o xogador pode decantarse por calquera camiño de tecnoloxías. Nun primeiro momento debería construír un bo número de cazas (comeza con Cybernetics que lles da un +1) para defenderse.
.
O seu punto forte é a capacidade de poñer tropas de terra en primeira liña de combate sen necesidade de transporte, polo que as tecnoloxías relacionadas coas tropas de terra son moi interesantes. Aínda así, a habilidade especial de crear tropas non é unha maneira económica de expandir as súa armada, polo que só é recomendable en situacións especiais, ou como unha acción intermedia para analizar os movementos dos contrarios.

No hay comentarios: